Na mañá de hoxe e durante o transcurso do evento celebrado no Centro Cultural “Vello Cárcere” déronse a coñecer os premios do XIII Concurso de Tapas de Lugo.

No acto estiveron presentes Lara Méndez, Alcaldesa de Lugo, Cheché Real, Presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo, Eduardo Vidal, Deputado de Turismo e Carmen Basadre, Concelleira de Cultura e Turismo. Así como o presidente do CRDO Ribeira Sacra, colaborador do Concurso de Tapas, e os participantes do concurso.

Durante o desenvolvemento do evento proxectouse un vídeo elaborado pola Fundación TIC, e procedeuse ao sorteo de agasallos entre os clientes que cubriron os cupóns de votación e o pasaporte.

Premios:

Premio maridaxe Estrella Galicia
FILLOA-FAJITA DE COSTELA DE BOI GALEGO
Restaurante España

Premio maridaxe DO Ribeira Sacra
POLBO Á BRASA CON MARIDAXE Á GALEGA CON PARMENTIER
Mesón Pulpería O Castelo.

Terceiro premio xurado técnico
FILLOA-FAJITA DE COSTELA DE BOI GALEGO
Restaurante ESPAÑA

Segundo premio xurado técnico
PESCADA DE CELEIRO SOBRE ESCUMA DE CENTOLLA E ZAMBURIÑAS CON ACEITE VIRXE EXTRA DO VAL DE QUIROGA E MINI BARRA CROCANTE
O Figón

Primeiro premio xurado técnico OINK!!!
Arrocería Os Cachivaches

TAPA GAÑADORA DO XIII CONCURSO DE TAPAS DE LUGO “XOGARAS E MAR”
Mesón Colón

Leave a comment

*