Este concurso ten unha vertente solidaria, xa que recadará fondos para o Banco de Alimentos a través das huchas donadas polo C.R.D.O. Ribeira Sacra.

 

PARTICIPA E CONSIGUE OS TEUS PREMIOS

Cubre o folleto cos selos dos locais e entra no sorteo de:

  • 1 viaxe dunha semana para duas persoas (40 selos)
  • 1 fin de semá nunha cidade europea para duas persoas (mínimo 20 selos)

Valorando as tapas poderás participar no sorteo de ceas, estancias, rutas e moitas sorpresas máis.

 

DESENROLO DO CONCURSO

O concurso desenrolarase do 1 ó 17 de setembro do 2017.

As tapas estarán dispoñibles para o público como mínimo de 13:00 a 15:30 horas e de 20:00 A 22:30 horas.

Os consumidores votarán as tapas do concurso mediante o cupón de votación individual, que terá que ir selado polo establecemento correspondente e cuberto cos seus datos. A valoración é do 1 ó 5, sendo 1 a nota máis baixa e 5 a máis alta.

Todos estes cupóns entrarán no sorteo de distintos premios.

Os consumidores que o desexen poderán pedir ó establecemento, no que consuman a tapa, o folleto-pasaporte para o seu selado e deste xeito entrar no sorteo.

Se o folleto-pasaporte está selado como mínimo póla metade dos establecementos optarase a unha viaxe de un fin de semana nunha cidade europea para duas persoas.

Se o folleto-pasaporte está selado por todos os establecementos, optarase a unha viaxe dunha semana para duas persoas.

 

CATEGORÍAS  DE VALORACIÓN :

 

  • Xurado popular (Consumidores das tapas)
    • Gañador do Concurso
  • Xurado técnico
    • Primeiro premio
    • Segundo premio
    • Terceiro premio
    • Maridaxe “Estrella Galicia”
    • Maridaxe “Ribeira Sacra”