Bases XXI Concurso de Tapas de Lugo

1. PARTICIPANTES

Poderán concursar todos os establecementos de hostalería do Concello de Lugo que estean inscritos no Rexistro de Establecementos e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (REAT).

2. COTA DE INSCRICIÓN

A cota de inscrición no concurso será de 100,00 € para os asociados de APEHL (que estén ao día no pagamento das cotas e sexan asociados antes do día 1 de xaneiro de 2026 e os asociados que non teñan esta antigüidade pagarán a cuota de 100 € por ser asociados máis as cotas dos meses que non figuren dados de alta desde xaneiro ata a data de alta como asociado), e de 400,00 € para os que non estean asociados na APEHL.

As cotas irán destinadas á organización do concurso.

3. REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN

  1. Cada establecemento participará cunha única tapa. Na ficha técnica indicarase o nome da tapa e a súa descrición, acompañada da fotografía da tapa que se vai servir durante o concurso.
  2. O prezo de venta ao público terá un valor a criterio do/a hostaleiro/a que será entre 1,00 € e 4,00 €.
  3. Os establecementos inscritos deberán expoñer ao público o cartel que se lle facilite co nome da tapa coa que participen e o prezo da mesma.
  4. As tapas deberán estar dispoñibles para o público como mínimo de 13:00 a 15:30 horas e de 20:00 a 22:30 horas. O incumprimento deste horario poderá ser motivo de exclusión do concurso.
  5. Con cada tapa servida entregarase un único cupón de votación co selo correspondente de cada establecemento.
  6. As categorías de valoración serán as seguintes:
    • Xurado popular:
      • Gañador do Concurso (tapa máis votada polo público)
    • Xurado técnico:
      • Primeiro premio, que será o que nos represente nos posibles concursos aos que nos poidan convidar a participar (1).
      • Segundo premio
      • Terceiro premio
      • Maridaxe Estrella Galicia
      • Maridaxe Ribeira Sacra
    (1) En todo caso, o establecemento que nos represente deberá ter a condición de asociado. No caso de renuncia o impedemento do primeiro, acudiría o segundo e no caso de renuncia o impedemento do segundo, representaríanos o terceiro, en calquera suposto, a APEHL como organizadora do evento, resérvase a facultade da decisión final.
  7. Entregaráselle a cada establecemento:
    • Cartel identificativo como participante do concurso.
    • Urna de depósito de votos.
    • Cupóns de votacións.
    • Selo e tinta.
    • Folletos publicitarios, válidos tamén como pasaportes.

    Os establecementos gañadores do Concurso de Tapas das cinco últimas edicións, irán destacados no folleto informativo.

4. DESENVOLVEMENTO DO CONCURSO

4.1. INSCRICIÓN

O prazo de inscrición será do 7 ao 21 de setembro (ambos inclusive) por medio da web de APEHL: www.apehl.es

4.2. FASES DO CONCURSO

4.3. RECONTO DE VOTOS

Entre os días 21 ao 23 de novembro recolleranse as urnas, en función do día de peche do establecemento. A hora de recollida (sábado e domingo) iniciarase ás 15:30 ou 22:30 h.

O día 23 de novembro procederase ao reconto de votos na sede de APEHL e determinaranse os 12 establecementos finalistas. Ao reconto poderán asistir os interesados.

5. VALORACIÓNS

Xurado popular: estará formado polos consumidores das tapas do concurso, mediante os seus votos.

Será o voto válido cando o cupón de votación esté perfectamente cuberto e selado por un establecemento participante no concurso. O consumidor poderá valorar a tapa de 1 a 5 puntos, sendo 1 a puntuación máis baixa e 5 a máis alta.

A valoración final calcularase pola fórmula media axustada facilitada pola USC.

O Xurado popular decidirá a tapa gañadora do concurso e os 12 finalistas.

Xurado técnico: estará formado por un equipo de profesionais designados pola organización e relacionados co sector.

O xurado técnico valorará entre os días 27, 28 e 29 de novembro aos 12 finalistas elexidos polo xurado popular.

O xurado técnico decidirá o primeiro premio, segundo premio, terceiro premio, mellor maridaxe con Estrella Galicia e mellor maridaxe con viño DO Ribeira Sacra.

6. PROTECCIÓN DE DATOS

Infórmase que a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (en diante APEHL) cumpre coa normativa vixente de protección de datos.

Os datos persoais que se inclúan na ficha de inscrición facilitada por APEHL serán empregados para xestionar o concurso e a entrega dos premios, así como dar publicidade á imaxe e nome dos gañadores nos medios de comunicación, páxina web e redes sociais, dando o interesado o consentimento expreso e explícito para cada unha das finalidades indicadas no momento que se cumprimente e entregue a ficha de inscrición.

APEHL poderá autorizar a terceiros, que actuarán como encargados de tratamento coas mesmas finalidades e poder xestionar o correcto desenvolvemento da presente promoción; para ampliar esta información, así como outros puntos da normativa pode solicitar o ANEXO DE PRIVACIDADE.

Calquera interesado poderá exercer os seus dereitos, solicitándoo en C/ Ramón Montenegro, 15 Entlo. 27002 Lugo, presentar unha reclamación ante calquera autoridade de control, así como a retirar o consentimento que nos fora outorgado nalgunha finalidade específica.

Todos os datos solicitados na ficha de inscrición, incluída a imaxe do gañador, son necesarios para a realización do tratamento sendo un requisito necesario para a participación no concurso, en caso de non facilitalos ou non autorizar ao seu uso pode dar lugar a posibles consecuencias, se os gañadores opóñense a algunha das finalidades detalladas anteriormente, APEHL resérvase o dereito de non realizar a entrega do premio e perderán o dereito para recibilo.

O incumprimento das bases anteriormente relacionadas poderá ser motivo de exclusión deste concurso.

Organizan:
Logotipo de APEHL
 
Logotipo E Para Comer
Patrocina:
Logotipo Lugo Capital Española de la Gastronomía 2026
Colaboran:
Logotipo Ribeira Sacra
 
Logotipo Estrella
 
Logotipo Cabreroia
 
Logotipo Candelas
 
Logotipo USC
 
Logotipo Valín e Hijos
 
Logotipo Fonmiñá
 
Logotipo Jazz Lugo