O concurso terá lugar do 8 ao 24 de novembro de 2024.

As tapas estarán dispoñibles para o público como mínimo de 13:00 a 15:30 horas e de 20:00 a 22:30 horas.

Os consumidores votarán as tapas do concurso mediante o cupón de votación individual, que terá que ir cuberto cos seus datos e selado polo establecemento correspondente. A valoración é do 1 ao 5, sendo 1 a nota máis baixa e 5, a máis alta. Todos estes cupóns entrarán no sorteo de distintos premios.

A maiores, os consumidores que o desexen poderán pedir ao establecemento no que consuman a tapa este folleto-pasaporte para o seu selado e, deste xeito, entrar nun sorteo:
• Se o folleto-pasaporte está selado como mínimo por 12 establecementos participantes optarase a unha escapada gastro-relax para dúas persoas no Hotel Abadía de los Templarios, de Salamanca.
• Se o folleto-pasaporte está selado como mínimo por 25 establecementos participantes optarase a unha viaxe dunha semana para dúas persoas a París.

 

 

CATEGORÍAS DE VALORACIÓN

XURADO POPULAR

(consumidores das tapas)

XURADO TÉCNICO

Gañador do Concurso

Primeiro premio
Segundo premio
Terceiro premio
Maridaxe Estrella Galicia
Maridaxe Ribeira Sacra