O concurso terá lugar do 6 ao 22 de novembro de 2026.
As tapas estarán dispoñibles para o público como mínimo de 13:00 a 15:30 horas e de 20:00 a 22:30 horas.
Os consumidores votarán as tapas do concurso mediante o cupón de votación individual, que terá que ir cuberto cos seus datos e selado polo establecemento correspondente. A valoración é do 1 ao 5, sendo 1 a nota máis baixa e 5, a máis alta. Todos estes cupóns entrarán no sorteo de distintos premios.
A maiores, os consumidores que o desexen poderán pedir ao establecemento no que consuman a tapa este folleto-pasaporte para o seu selado e, deste xeito, entrar nun sorteo:
• Se o folleto-pasaporte está selado como mínimo por 12 establecementos participantes optarase a unha escapada gastro-relax para dúas persoas no Spa Arzuaga, de Ribera del Duero.
• Se o folleto-pasaporte está selado como mínimo por 25 establecementos participantes optarase a unha viaxe dunha semana para dúas persoas a Roma.
XURADO POPULAR (consumidores das tapas) |
XURADO TÉCNICO |
|
Gañador do Concurso |
Primeiro premio |